lunes, 9 de enero de 2012

Para encher de vida os anos...

Tras muchos programas, hablando de los logros de los clubes deportivos en el Concello de Oleiros, quería dar la voz a aquellas personas, para los que el Deporte, es algo más…

Para ello contacté con Don Plácido Lizancos,, vecino de Oleiros, quién coincidiendo con el primer aniversario de la inauguración de la piscina de Dorneda, había publicado en su artículo de opinión en un diario coruñés, un articulo, sobre la repercusión en los vecinos de la existencia de cuatro piscinas, que reproduzco en esta entrada.

Don Plácido, es un “home bo e xeneroso” de este país y un asiduo de la piscina de Oleiros, donde acude todos los días, a ejercitarse. Como el nos comentó, todos los días, como los jóvenes hace su mochila y acude a realizar los ejercicios dirigidos por los monitores. Atrás quedan los tiempos, en la que los mayores, se recluían en casa o iban a jugar la partida a las cartas, dejando el deporte para uso exclusivo de los jóvenes. Nos informó también de que en la actualidad, son muchos los mayores que acuden a las piscinas e incluso nos comentó el caso de una persona, afectada por un ictus, consiguió gracias a su esfuerzo, recuperarse.

También nos dejó un regalo, el Curso práctico de Galego, que editado por La Opinión, fue elaborado por él. El, en el programa de hoy, se convirtió en la voz de las personas mayores que diariamente pasan una hora, ejercitando sus músculos dentro del agua.




Este es el articulo de Don Plácido Lizancos en La Opinión de A Coruña.

Cantos temas interesantes hai sobre os que falar...! Ás veces repetitivos, a corrupción, a política, a política, a corrupción, tanto monta! Que pena que non haxa un xornal só con noticias boas! Fracasaría segundo din os entendidos. Aínda fracasan agora...

Conta a historia ou lenda, que un preocupado rexedor dunha importante e fermosa vila coruñesa: Oleiros, tratando de facer ós seus súbditos máis felices... nunha desas noites de insomnio. Non ten por qué preocuparse o señor alcalde polo insomnio. Quen non o padeceu? Afortunadamente, o insomne pode descansar sen durmir. Quizais non se senta ben, quizais chegue a se sentir ben mal; pero de aí non pasará. Din os estudosos que entre os vinte e cinco e os sesenta anos, unha persoa común e corrente pasa quince anos durmindo. A falta de sono (que non é o mesmo que soño) fixo perder batallas, a moitos individuos nerviosos, perder a razón, e a moitas mulleres perder ó seu home. Pero o noso alcalde, coa conciencia do deber cumprido, segue preocupado, como dixen arriba, por algo que ó largo dos séculos, o home sempre soñou: en descubrir a Fonte da Xuventude: algún filtro ou tratamento que retardase a vellez e prolongase os nosos anos útiles e vigorosos. E, el, como fan os homes de ciencia, no canto de limitarse a soñar, traballa activamente para acadar ese obxectivo.

Sabendo o Sr. García Seoane que os máis eminentes cardiólogos recomendan desde hai tempo o exercicio sistemático a todas as persoas, mozas ou vellas, sas ou enfermizas, tivo a boa idea -para mantelos en forma, con boa saúde - de abrir e manter catro piscinas: A Fábrica, Perillo, Oleiros e Dorneda, co lema que escolleu o Sr. alcalde para todas elas, nunha lápida, ben visible, no seu frontispicio: Para encher de vida os anos e sumar anos á vida. O alcalde de Olerios G. Seoane 2007.

E así o señor alcalde pode repetir aquelas palabras do poeta latino Horacio: "Non omnis moriar": "Non morrerei de todo"; aí queda a miña obra.

Cómpre recordar aquí os bos equipos de que constan estas piscinas, ditos sen orde de preferencia, e que están á espreita, ó mínimo detalle dos usuarios: Jorge, Fernando, Miguel, Nadia, Olalla, Laura, Silvia, Ruth, Alba, Ernesto, coñecéndoo pénsase que se inspiraron nel para acuñar o dito "la importancia de llamarse Ernesto", o veterano Fran; Kiko e Carlos, responsables en última instancia de que todo marche como un reloxo. Todo isto coa supervisión xeral do coordinador Mario. Non podemos preterir como non menos importantes a labor calada do equipo de Simón, Aurora, Belén e Ana, os que silandeiramente manteñen como unha patena o complexo deportivo. Unha lembranza tamén para as eficientes recepcionistas coas que topa un ó entrar: Patricia, Vanesa e Eva. Todo este persoal, e o que non figura, levan a práctica as boas ideas do señor alcalde que lle aparecen nesas noites de insomnio. Nin remotamente se pense nun mínimo de adulación ós citados nestas liñas, "suum cuique", "a cada quen o seu".

Facémolo como lembranza no primeiro aniversario da súa inauguración en Dorneda.

A adulación é a cousa que máis medo me dá. É certo que hai unha adulación burda que se descobre axiña, pero hai adulacións sutís ás que de entrada non sabemos resistir, e este non é o caso exposto aquí.

A maioría dos usuarios non van ás piscinas por un aspecto lúdico e agradécenllelo ó concello e á empresa que administra estes centros deportivos.

Alí están os preparados monitores e socorristas que acollen e orientan con todo afecto ás persoas enviadas por médicos, por empezaren a ver como se deteriora o seu estado de saúde: fatiga a unha idade moi nova, desequilibrio nervioso, obesidade, hipertensión arterial, sen necesidade de levaren un carteliño pendurado de cales son as súas doenzas. Son hixienistas especializados no exercicio corporal que someten ós usuarios a un programa ximnástico regular e progresivo, que lles devolve unha enerxía e un entusiasmo que non tiveran en moitos anos, alí cultivan os músculos... Non esquezamos que as boas condicións físicas aumentan os nosos anos de vida, como di o lema que escolleu o señor alcalde Angel García Seoane de "sumar anos á vida". E non só isto, senón que nos axudan a gozar mellor deses anos.

E que dicir do lumbago e da ciática? Só dúas palabras sobre algo -pasando polas articulacións e artrose- do que se queixa tanto a xente nas piscinas.

Coa presión, os discos de cartílagos situados entre as vértebras, especialmente os da zona lumbar, son desprazados lateralmente e comprimen nervios provocando distintas dores, como ciáticas, lumbago, etc. O problema que revela este síntoma é a sobrecarga, que para aliviala acódese á piscina. Moitos tratan de eliminar esta doenza con analxésicos...

Para rematar non esquezamos que as actividades físicas e deportivas, cando son practicadas con certa asiduidade, son unha fonte de saúde e rexuvenecemento.

Todo o anterior exposto, envolto coa música relaxante e as cancións enxebres de radio Oleiros, "Ad multos annos, Sr. alcalde
".


Portada del Libro Curso de Galego Práctico.



En Radio Oleiros, el programa de Sintonia Deportiva, le agradece su presencia, para contarnos que el deporte no tiene limites de edad.

No hay comentarios:

Publicar un comentario